MystiQ Video Converter

Doado de usar e elegante Conversor Mulitimedia

Windows GNU/Linux macOS
Framework Qt5
FFmpeg
GPL v3
Características Principais

O conversor multimedia que precisas

MystiQ Video Converter

Interface gráfica simple e doada

MystiQ Video Converter ofrece unha interface gráfica limpa e intuitiva. O noso obxectivo é permitir aos usuarios usar a aplicación facilmente dende o primeiro momento. MystiQ non o distrae, senón que se centra nas tarefas a resolver.

MystiQ Video Converter

Aplicación Multiplataforma

MystiQ Video Converter está dispoñible para Microsoft Windows (versión 7 e posterior) e para varias distribucións GNU / Linux. Estará dispoñible para MacOS en breve.

MystiQ Video Converter

Multilinguaxe

Grazas á comunidade, MystiQ Video Converter tradúcese a máis de 15 idiomas e crecendo. Se non ve o seu idioma, pode considerar apoiarnos coa súa tradución. Non é preciso ser un programador para colaborar.

MystiQ Video Converter

Soporte de audio e video

MystiQ soporta case todos os audios e vídeos neste momento. Así mesmo, pode converter calquera destes ficheiros a calquera formato soportado, o que fai de MystiQ unha ferramenta versátil e centrada no que se pretende ser.

MystiQ Video Converter

Acceso o código fonte

MystiQ é software libre. O código fonte da aplicación está dispoñible para todos porque consideramos que ti deberías ter o control e a oportunidade de contribuír ao proxecto. Ti es importante para nos e témolo en conta. A nosa aplicación está licenciada baixo a licenza GPLv3.

MystiQ Video Converter

Aplicación Multiarquitectura

A diferenza doutras solucións similares, MystiQ Video Converter ofrece paquetes de instalación para sistemas de 32 e 64 bits. Isto permite un mellor rendemento en dispositivos de 64 bits e, polo tanto, mellores tempos de conversión.

MystiQ Video ConverterMystiQ Video Converter
A aplicación que coida dos seus usuarios

Cada detalle para as súas necesidades

Para o equipo de desenvolvemento de MystiQ Video Converter, os usuarios son o compoñente máis importante do proxecto. Se queres contribuír, podes contactar connosco e formar parte do equipo.

CONTÁCTANOS
Proxecto Colaborativo

MystiQ, un proxecto impulsado pola comunidade

O código fonte do MystiQ Video Converter está dispoñible en Github, público para todos e licenciado baixo a licenza GPLv3. MystiQ é un proxecto de Software Libre e podes formar parte da nosa equipa.

MYSTIQ EN GITHUB
MystiQ Video ConverterMystiQ Video Converter
MYSTIQ VIDEO CONVERTER

Así se ve a nosa aplicación

OPINIÓNS DOS USUARIOS

¿Qué din os usuarios sobre MystiQ?

MystiQ Video Converter

Axúdanos a manter o proxecto

MystiQ é software libre e tamén é unha aplicación gratuíta. Non obstante, o seu desenvolvemento require moito tempo e esforzo. Precisamos a túa axuda para seguir desenvolvendo MystiQ con novas funcións. Por favor, considera apoiar o proxecto MystiQ enviando unha doazón. Ata a menor das cantidades axudará moito.

¿A qué estás a esperar? Descarga MystiQ Video Converter

Instala e usa libremente o mais simple, versátil e doado de usar conversor multimedia

Windows GNU/Linux Código fonte